Cancro de pulmón

O cancro de pulmón é a principal causa de morte por cancro no mundo: mata a 1,3 millóns de persoas ao ano. En España detéctanse 28.645 novos casos anualmente. Aínda que os fumadores teñen máis posibilidades de padecelo, tamén está asociado a outros factores como a contaminación ou o estilo de vida.

Existen distintos tipos de cancro de pulmón. Un 20% son carcinomas de células pequenas, moi agresivos e de crecemento rápido. Entre o 80% restante, os carcinomas de células non pequenas, destacan o carcinoma escamoso, que é de crecemento lento e trátase da variedade máis frecuente no noso país, o adenocarcinoma pulmonar, que é o menos relacionado co consumo de tabaco, e o carcinoma de células grandes.

O tratamento do cancro de pulmón depende da súa caracterización molecular, é dicir, de qué xenes estean mutados nas células tumorais. Unha mutación común prodúcese no xen EGFR, que en condicións normais encárgase da proliferación celular.

Para máis información, podes visitar a páxina da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

A %d blogueros les gusta esto: