Biopsia líquida

Para tratar un tumor, é necesario saber todo o posible sobre el. O xeito máis común é realizar unha biopsia sólida, consistente en extraer unha mostra do tecido afectado. Non obstante, trátase dunha técnica xeralmente invasiva e dolorosa. Ademais, nalgúns casos o tumor agóchase en partes do corpo difíciles de acadar.

Para vencer estas limitacións xorde a biopsia líquida. É unha técnica segura e non invasiva: só se precisa unha mostra de sangue. Os tumores verten unha pequena cantidade de material xenético ao noso torrente sanguíneo, e se utilizamos técnicas o suficientemente sensibles somos capaces de detectalo e caracterizalo.

A %d blogueros les gusta esto: